Enxeñeira técnica agrícola cun máster en Prevención de Riscos Laborais, PRL, e certificado CECRA (Certificado para asesores europeos en áreas rurais). É socia de Axiña Asesoramento Rural Integral S. Coop. Galega, ademais de responsable de asesoramento técnico e formación de entidades de asesoramento e xestión. Posúe unha traxectoria profesional de máis de 20 anos en exercicio libre da profesión, formación de obradoiros de emprego e asesoramento técnico ás explotacións agrarias. Colabora con empresas de formación e outras entidades de asesoramento rural, en materias como: fitosanitarios, incorporación empresa agraria, PRL, xardiñería, ou poda.
Destaca o acompañamento na posta en marcha das explotacións agrarias e no cumprimento da normativa e lexislación.